Soledad Rodríguez Pérez, nace en Zamora o día 1 de febreiro de 1904. É a novena de dez irmáns, no fogar de Manuel e Paula. É feliz, na súa familia chamarana “Solita”. É feliz cos seus pais e os seus irmáns, aínda que D. Manuel ten que pasar longas tempadas fóra de casa. É destinado a Sevilla, co cargo de Xefe de Telégrafos.
Ten Solita 5 anos cando recibe o primeiro golpe de dor. Morre o seu pai. Paula e os seus irmáns abandonan Zamora e vanse a Madrid, cidade ampla, cosmopolita, diferente e instálanse na rúa Torrijos nº 20, un entresollado. Baixa a economía, nótase moito a falta de pai. Hai que buscar novas solucións. E a nena vai interna ao Colexio das Orfas da Beata María Ana de Jesús. Neste Colexio recibe a Primeira Comuñón o día da Inmaculada no ano 1914.
A nena, a adolescente e a moza coa que nos atopamos nestes primeiros decenios do século é ampla e sinxela como a terra que a viu nacer. Posúe unha educación non rebuscada pero exquisita. Un carácter sensible e delicado. É afable, obediente, piadosa, sincera. E cando estuda, estuda ben.
Sabía escoitar, captaba as ideas das cousas e sobre todo o que había dentro de cada persoa, e ao achegarse a ela todos sentían e tiñan a seguridade de saberse acollido e comprendido. Tiña moito don de xentes! Sorriso habitual, serenidade, agarimo expresado de múltiples maneiras… Toda a súa persoa era expresión de gran delicadeza e paz, dunha enorme grandeza de corazón. Queríaa o colexio enteiro! Queríana as familias e as nenas. Sobre todo queríana intimamente as súas irmás. E é que Nai Soledad é un “sol”.
É unha moza feliz nunha familia que ten que loitar pola subsistencia diaria. Xa pasaron os anos das “vacas gordas”. Todos a queren, pero o seu corazón inquieto non se acomoda. Que facer?
Ingresa nas RR. Escolapias aos 16 anos. Xa novicia, tomou hábito o 12-09-22. Sae do convento por motivos de enfermidade. Regresa, restablecida, facendo o 12-09-26 a súa Profesión Temporal e 3 anos máis tarde, a súa consagración definitiva a Deus na Serra de Córdoba.
A súa misión estaba por aquel entón no Colexio de Santa Victoria, Córdoba. Na clase de párvulas ou con nenas maiores, todos os que a trataban queríana de verdade e todos coincidían no mesmo: “dá gusto estar con Nai Soledad”.
As súas clases eran unha delicia, era creativa. Buscaba e poñía ao dispor das alumnas novos métodos e recursos pedagóxicos que influían positivamente no seu desenvolvemento integral, As súas portas están abertas porque ela albisca, que entre todos é máis fácil o labor educativo. Era unha namorada da súa vocación e profesión.
Diríxese espiritualmente co Señor Deán da S.I.C. de Córdoba, Don Francisco Blanco Nájera, coincidindo ambos na idea de fundar unha Congregación de Relixiosas educadoras, dedicadas exclusivamente aos pobres.
Na Noiteboa de 1941, M. Soledad presenta o seu proxecto de fundación a Don Francisco. O 12-11-44, o Dr. Blanco Nájera é Consagrado Bispo para a Diocese de Ourense. Circunstancias imprevistas, pero providenciales, adiantan o comezo da nova Obra. O 07-12-44, na Vixilia da Inmaculada, saen das RR. Escolapias M. Soledad e M. Inés, dando así comezo á Congregación de Misioneiras de Divino Mestre.
“Son de familia pobre… puiden ver as mans encallecidas da miña nai… coñezo a pobreza… porque vivín moitos anos abrazado a ela”.
A casa en que naceu Francisco está situada nun barrio do Logroño antigo. Alí vivía o matrimonio formado por Eduardo e Patricia: un home e unha muller vindos do campo que se establecen na capital cun pequeno negocio de bebidas. Como non chega o diñeiro, ela traballa de lavandeira. É un fogar de sete fillos, pero a enfermidade pronto reduce a familia a dúas: Patricia e Francisco. Descobre novas pobrezas: a orfandade e a soidade; a economía segue minguando.
Cando decide entrar no seminario, el mesmo debe traballar para axudarse a pagar os estudos e conseguir gratis, polo menos, o almorzo e a cea. Así, a base de tesón e de esforzo, pero sempre apoiado polo agarimo e a fortaleza da súa nai, Francisco chega ao sacerdocio.
“La llegada al sacerdocio es un pórtico abierto a la actividad de perfección religiosa, no una meta de placidez inoperante y cómoda”.
Año 1913. Francisco finaliza sus estudios y es ordenado sacerdote: “Id y enseñad a todas las gentes”. Es significativo que ya entre los símbolos que elige para los recuerdos de su primera misa, aparezca la figura del Divino Maestro de pie, rodeado de apóstoles.
Ahora, como siempre, comenzar esta nueva etapa significa poner todo al servicio de Dios, valiéndose también de sus muchas cualidades naturales. Francisco se entrega de lleno a sus actividades parroquiales, y todavía le queda tiempo para estudiar.
Hombre intelectual, hombre de Iglesia, hombre seriamente preparado da su primer “salto” de la Rioja a Córdoba. Más adelante Jaén y de nuevo vuelve a Córdoba. En todos estos lugares, desarrolla su actividad alternando sus trabajos como profesor y las responsabilidades que le asignan en esta diócesis.
Francisco, preocupado por todos y por todo, constantemente repetía: “Hay que hacer algo”. ¡Y lo hacia!. Con su palabra, con sus escritos, con sus actuaciones frente a los problemas de la Iglesia y de la sociedad.
“A miña vida enteira, se non é para a túa maior honra e gloria e para a santificación dos meus irmáns para que a quero?”
Francisco Blanco Nájera, é fillo de familia pobre, o seminarista pobre, o sacerdote ilusionado e entregado, o Bispo e Fundador que baseou todo o seu apostolado no amor, vive hoxe no recordo e o corazón da sociedade e de la Iglesia, como un home para os homes de hoxe.
Infinidade de escritos, xestos, feitos… todo un talante, toda unha vida de entrega... Foi un agasallo marabilloso de Dios ao Mundo que hoxe segue vivo no espírito dunha Familia Relixiosa, que ao estilo do seu Fundador basea a súa acción educativa na sinxeleza da entrega aos nenos e novos. E pretende levar “o lume e o amor do Divino Mestre á mente e ao corazón dos homes”.
Francisco, un home fiel a Deus e sensible ás necesidades do seu tempo, preséntasenos como modelo. E ao profundar no seu misterio persoal podemos facernos moitas preguntas. Pero hoxe será suficiente nosa acción de grazas pola súa vida fecunda, polo seu aceso amor a Xesucristo e aos pobres.