A familia Divino Maestro está integrada polas entidades e persoas que participan do Carisma dos Fundadores da Congregación e son recoñecidas como tales pola mesma.
As Misioneiras do Divino Maestro somos un Instituto de vida apostólica. Realizamos a nosa misión coa forza apostólica que dimana da propia vida, ao vivir a plenitude da consagración baixo a acción do Espírito Santo, e coa nosa acción Evanxelizadora colaboramos na Misión Divina de Xesucristo.
Participamos na misión de Xesucristo, Mestre Único, respondendo o seu mandato: “Ide e ensinade a todas as xentes”
Estamos chamadas a vivir a Consagración como educadoras, facendo da escola a gran plataforma da Evangelización, anunciando a Xesucristo ás novas xeracións.
Somos unha Asociación pública que, desde a nosa condición de seglares respondemos á chamada de Xesucristo, participando do mesmo espírito da Congregación de Misioneiras do Divino Maestro.
Nacemos na Igrexa no ano 1945, do carisma vivido e transmitido por Francisco Blanco Nájera Bispo de Ourense e Soledad Rodríguez Pérez, que cristaliza en dúas ramas: Misioneiras do Divino MAestro e Cooperadores Seglares do Divino Maestro. Actualmente atopámonos en España, Venezuela, Colombia, Ecuador e Zaire.
O fin da nosa Asociación é impregnar á sociedade dos valores do Evanxeo, levando á intelixencia e ao corazón de todos os homes especialmente dos pobres a verdade e o amor do Divino Maestro. A nosa tarefa principal é o seguimento de Xesucristo e a identificación con El para facelo presente nas condicións ordinarias da vida familiar, profesional e social de maneira que contribuamos á santificación do mundo.
Os Grupos Divino Maestro nacemos do e co estilo da familia Divino Mestre. Estamos formados por nenos e mozos dos nosos centros e doutros (estamos abertos a parroquias, á diocese…), que tratamos de profundar e vivir con coherencia unha vida de fe centrada en Jesús. Comprometémonos en conseguir un mundo cada vez máis xusto, á vez que buscamos o noso lugar e papel nel, tratando de descubrir nosa propia opción vocacional.
Acompañamos a nenos e mozos no seu proceso de maduración humano-cristiá, que vai desde unha toma de conciencia persoal da súa fe ata o compromiso, axudándolles a elaborar o seu propio proxecto de vida, segundo as necesidades do mundo e o estilo de Deus.
Irmandade fundada ao amparo e tutela da «Congregación de Relixiosas Misioneiras do Divino Maestro», con estatutos aprobados pola superiora da mesma o 24 de maio de 2010, no colexio da comunidade na capital xienense. Fundaméntase na mensaxe dos fundadores da congregación, Francisco Blanco Nájera e Soledad de la Cruz.
No ano 2014, puxo en marcha o proxecto «Alma» para a intervención socio-educativa, de ludoteca e respiro familiar, para menores de familias desfavorecidas e con risco de exclusión social da capital.
O alumnado Divino Maestro sempre forma parte da familia Divino Maestro. Cando está de forma activa nos nosos centros educativos é o eixo principal da actividade dos mesmos. Cando deixa o centro, sabe que sempre pode volver a casa para calquera actividade, sempre seguirá formando parte da familia Divino Maestro.
O alumnado pode seguir vinculado coa actividade do centro de diversas formas: a través dos Grupos Divino Maestro, Cooperadores, Hermandad, etc.